¿Necesitas ayuda? Llámanos al 967 225 863

Editorial : MAR MAIOR

507 resultados para Editorial : MAR MAIOR

MAR MAIOR Libros Quitar filtros
  • COMPOSTELA, POLA FLORIDA
    -5%
    Titulo del libro
    COMPOSTELA, POLA FLORIDA
    FERNANDEZ DEL RIEGO, FRANCISCO
    Nesta breve homenaxe a Francisco Fernández del Riego, recóllese unha miúda selección, de entre a súa “oceánica” produción escrita, dalgúns fragmentos onde Compostela é a protagonista, directa ou como marco de acción, agrupados en catro apartados xenéricos: “A descuberta da cidade”, “A Compostela apostólica”, “O Santiago letrado” e “Semblanzas en Compostela

    20,90 €19,86 €

    Envío estimado en 2 días
  • O QUE QUEDA DE NÓS
    -5%
    Titulo del libro
    O QUE QUEDA DE NÓS
    MAYORAL, MARINA
    O que queda de nós ofrece xuntas as dúas versión da historia de dous seres que a vida separou e que se amaron sempre. (Unha árbore, un adeus, 1988; Ao pé do magnolio, 2004). Marina Mayoral narra a historia de Laura e Paco e amósanos unha reflexión sobre ese sentimento misterioso que chamamos amor: “Un sentimento escolleito que moi poucos chegan a vivir, aínda que todo

    21,50 €20,43 €

    Envío estimado en 2 días
  • PENSAR É ESCURO. POESÍA REUNIDA (1991-2004)
    -5%
    Titulo del libro
    PENSAR É ESCURO. POESÍA REUNIDA (1991-2004)
    VILLALTA, LUÍSA
    Esta obra recopera os catro títulos que Luisa Villalta dispuxo en vida para a súa publicación: Música reservada (1991), Ruído (1995). Rpta ap omteropr dp pññp (1995) e En concreto (2004). Estes versos converteron a autora nunha das voces máis importantes da poesía galega do noso tempo e consagrárona como unha creadora singular e inimitable.

    21,80 €20,71 €

    Disponible en unos 7 días
  • A XERACIÓN GALAXIA
    -5%
    Titulo del libro
    A XERACIÓN GALAXIA
    FERNÁNDEZ DEL RIEGO, FRANCISCO
    LETRAS GALEGAS 2023 Editorial Galaxia, fundada en 1950, foi o punto de encontro, o proxecto compartido entre os sobreviventes do galeguismo anterior á Guerra Civil e as novas promocións intelectuais que agromaban daquela a unha empobrecida sociedade galega. Este libro, de Francisco Fernández del Riego, é a narración da aventura cultural e política protagonizada por un fei

    19,20 €18,24 €

    Envío estimado en 2 días
  • A HISTORIA DE SARA
    -5%
    Titulo del libro
    A HISTORIA DE SARA
    CASTRO, FRANCISCO
    A historia de Sara, ilustrado por Luz Beloso, é un libro singular de difícil definición. A historia está contada por unha cativa de 6 anos, na linguaxe dunha nena tan pequena, nun uso da linguaxe como o dunha nena pequena… pero do que nos fala é dun tema duro, difícil, algo que unha nena de 6 anos non debería ter que vivir. A través dunha trama apaixonante, só descubr

    20,90 €19,86 €

    Envío estimado en 2 días
  • RAMONA ÓRBITA
    -5%
    Titulo del libro
    RAMONA ÓRBITA
    PAKOLAS
    Chega Ramono Órbita coa súa máquina cargada de rock and roll, disposta a percorrer os tempos para aprender a protexer a natureza!!!

    15,90 €15,11 €

    Envío estimado en 2 días
  • FEMINISMO EN CEN PALABRAS
    -5%
    Titulo del libro
    FEMINISMO EN CEN PALABRAS
    CHAO, LUCA
    Quen decide escribir un libro coma este, faino dende o convencemento feminista, ese ideal revolucionario en virtude do cal todas as persoas somos iguais. E faino tamén desde a idea de que nomearnos, moito máis na nosa lingua, é o primeiro paso para pensarnos, para recoñecernos e para existir. En Feminismo en cen palabras, Luca Chao quere facer un convite ao pensamento, unha

    16,60 €15,77 €

    Envío estimado en 2 días
  • POEMAS ESCOLLIDOS
    -5%
    Titulo del libro
    POEMAS ESCOLLIDOS
    LOCHHEAD, LIZ
    Nestes Poemas escollidos, Liz Lochhead presenta unha selección persoal de poemas publicados nas últimas catro décadas. O amor e a memoria son a forza destas composicións, que van dende a linguaxe á paisaxe, dende o amor á historia, dende a paixón pola música e as artes plásticas ata o feminismo. Ás veces conmovedora, ás veces divertida, extravagante, sempre loitador

    18,70 €17,77 €

    Envío estimado en 2 días
  • NON DEIXAREI DE BUSCARTE. A HISTORIA DE QUIN
    -5%
    Titulo del libro
    NON DEIXAREI DE BUSCARTE. A HISTORIA DE QUIN
    VARIOS
    Moitas persoas pensan que os malos tratos animais é un problema menor. Unha preocupación frívola do mundo occidental desenvolvido. Unha causa pequena superada en importancia por outras —terribles, indubidablemente—, que teñen como protagonista desgraciado ao propio ser humano. Sabemos que todas son importantes e requiren do esforzo e o compromiso de todos para combatela

    12,00 €11,40 €

    Envío estimado en 2 días
  • NA CERNA DA SELVA
    -5%
    Titulo del libro
    NA CERNA DA SELVA
    TOBARUELA, PERE
    Xiao, un rapaz de dezaseis anos, escribe un traballo sobre xabarís co que gaña un premio convocado polo Zoolóxico de Barcelona: unha estadía de cinco semanas en Ruanda en compaña de Dian Fossey, investigadora famosa polos seus traballos de protección e divulgación dos gorilas de montaña. Unha oportunidade única que permitirá que viva en primeira persoa o encontro entr

    14,40 €13,68 €

    Envío estimado en 2 días
  • ARRIEIROS SOMOS
    -5%
    Titulo del libro
    ARRIEIROS SOMOS
    RIÓS, RUBÉN
    O 14 de marzo do ano 2020 unha pandemia obrigounos a pecharnos nos nosos fogares. Eu decidín pasar ese tempo cos meus pais, nacidos os dous pola década dos 40. Nas súas miradas, no seu rostro de incomprensión, comecei a decatarme que empezaba a ser o pai dos meus pais. Unha sensación que nunca antes sentira. O amor ás raíces dos meus proxenitores, unido á miña mente cr

    19,70 €18,72 €

    Envío estimado en 2 días
  • MITOS E LENDAS DA VELLA GRECIA
    -5%
    Titulo del libro
    MITOS E LENDAS DA VELLA GRECIA
    MIRANDA, ANISIA
    Cunha primera edición en castelán (Cuba, 1966), e a súa tradución para o galego a cargo de Xosé Neira Vilas (1983), Anisia Miranda ofrécenos, en Mitos e lendas da vella Grecia, dun xeito ameno, didáctico e fluído, unha selección dos principais deuses e heroes do Olimpo, de antigas crenzas e de lendas que conforman a base da cultura e da mitoloxía da Hélade, alicerce

    15,00 €14,25 €

    Envío estimado en 2 días
  • BEN SABE O MAR QUE POSÚO O BOTÍN DAS PIRATAS
    -5%
    Titulo del libro
    BEN SABE O MAR QUE POSÚO O BOTÍN DAS PIRATAS
    CAMPELLO, LUZ
    Escrita dende a experiencia de quen sucou os mares e sabe dos naufraxios, das illas e das arribadas. Eun Eu feminino que se recoñece na intemperie, e que se cuestiona o mundo dende as súas arestas: o propio corpo, as perdas, o amor, as inxustizas, as violencias, a destrución da natureza... Un poemario de denuncia e resiliencia que transita no tempo e no devalar das mareas at

    13,95 €13,25 €

    Envío estimado en 2 días
  • MEMORIAS DUN NENO LABREGO (LECTURA FÁCIL)
    -5%
    Titulo del libro
    MEMORIAS DUN NENO LABREGO (LECTURA FÁCIL)
    NEIRA VILAS, XOSÉ
    Balbino é unr apaz da aldea de mediados do século XX que observa o mundo que o arrodea e adoece por entendelo, pero nuinguén lle dá as respostas que precisa. Velaquí unha das obras fundamentais da literatura galega contemporánea, o máis lido e o máis traducido, agora adptado á lectura fácil.

    12,50 €11,88 €

    Disponible en unos 7 días
  • O NOSO SAMAIN
    -5%
    Titulo del libro
    O NOSO SAMAIN
    BIROTT BERMEJO, LORETTA
    Imos coñecer o Samaín, unha festa chea de maxia, onde case todo pode acontecer. Viaxaremos pola súa historia, coñeceremos a súa orixe e viviremos esta festa como sempre se fixo aquí, na nosa terra. BOA VIAXE!

    16,50 €15,68 €

    Envío estimado en 2 días
  • O LUGAR ONDE VOU
    -5%
    Titulo del libro
    O LUGAR ONDE VOU
    ARAGUAS, VICENTE
    Ten O lugar onde vou, libro de relatos de Vicente Araguas, a peculiaridade de presentar variantes sobre unha realidade posible e outra máis que improbable. Desta maneira, fala de medo, e de bares onde, ao non pasar nada, pasa de todo, de casas grandes que ven, sen poder facer nada, como as mulleres se descolgan dos cadros, de parellas dispares en idade que falan de raíñas co

    16,70 €15,87 €

    Envío estimado en 2 días
  • DIARIO DE MOSCOVA
    -5%
    Titulo del libro
    DIARIO DE MOSCOVA
    WALTER BENJAMIN
    Diario de Moscova narra a estancia de Walter Benjamin nesta cidade entre decembro de 1926 e febreiro de 1927, onde pretendía ser testemuña directa da realidade comunista e decidir sobre a súa unión ao Partido Comunista alemán, á vez que retomar a relación sentimental coa actriz Asia Lacis, daquela enferma e unida ao amigo de Benjamin, o dramaturgo Bernhard Reich. Conside

    18,00 €17,10 €

    Envío estimado en 2 días
  • A AGONÍA DAS FOLERPAS (II PREMIO DE NOVELA GALICIA RURAL 2022)
    -5%
    Titulo del libro
    A AGONÍA DAS FOLERPAS (II PREMIO DE NOVELA GALICIA RURAL 2022)
    REBOIRAS LOUREIRO, ÓSCAR
    A aldea de Salgueiro leva décadas abandonada. A súa propietaria, a Xunta de Galicia, decide convertela nun complexo turístico. En pleno Parque Natural do Xurés, e afastada de todo, é o enclave ideal para descansar. Ou para que un asasino en serie enterre as súas vítimas. Unha noviña xornalista chega por casualidade ao lugar. O que en principio é un achado arqueolóxico

    24,40 €23,18 €

    Envío estimado en 2 días
  • A CIDADE DOS CÉSARES
    -5%
    Titulo del libro
    A CIDADE DOS CÉSARES
    F. FREIXANES, VÍCTOR
    Velaquí un dos grandes textos da literatura galega contemporánea. Entre 1776 e 1783 arredor de cincocentas familias de Galicia, Asturias e a Maragatería embarcaron na cidade da Coruña para ir poboar terras ao sur da provincia de Buenos Aires, o que os historiadores coñecen como a Expedición das Familias. Alí crearon varios asentamentos, dos que unicamente sobrevive Nosa

    23,95 €22,75 €

    Envío estimado en 2 días
  • AS FILLOAS DE MANOLA (PREMIO ALBERTE QUIÑOI DE ÁLBUM ILUSTRADO 2022)
    -5%
    Titulo del libro
    AS FILLOAS DE MANOLA (PREMIO ALBERTE QUIÑOI DE ÁLBUM ILUSTRADO 2022)
    PERALTA, R. J.
    Chovía a cachón, e as nubes eran tan negras que non deixaban pasar o sol. Ía un frío que metía medo, e a avoa Manola estaba cansa de estar coas galiñas e de sachar nos regos. Só quería unha boa cea de filloas, mais as visitas non paraban de chamar á porta para pedirlle un pouquiño disto ou daquilo. Será quen de gozar das súas filloas preparadas a carón do lume?

    17,00 €16,15 €

    Envío estimado en 2 días