¿Necesitas ayuda? Llámanos al 967 225 863
de MANUEL RIVAS
de MANUEL RIVAS
O protagonista de Os comedores de patacas é Sam, un adolescenteenganchado na droga que habita nos lindes da delincuencia. A vida deSam, retratada desde o profundo lirismo e a poesía íntima que emana da narrativa de Manuel Rivas, móvese a cabalo entre dous espacios, entre dúas culturas, a urbana e a rural, que se xuntan no sincretismo quepreside a cotianidade deste adolescente galego. O paro, o walkman, oteléfono, o rap, os colegas, o contacto co sexo, o ruído dostractores, o poder da amizade, as ensoñacións do protagonista, unaccidente de coche, a incomunicación, ese Algo que Sam se mete, oreencontro coa aldea, a avoa... constitúen os referentes vitais dunprotagonista tenro e entrañable, que camiña pola vida empuxado polooptimismo. O Manuel Rivas de Os comedores de patacas é un escritorlimpo, que tece a súa narrativa desde a sinxeleza, o humor e unhainesgotable capacidade para contar con axilidade, con ritmo e conprecisión.