¿Necesitas ayuda? Llámanos al 967 225 863
de GARCÍA TEIJEIRO, ANTONIO
de GARCÍA TEIJEIRO, ANTONIO
Un rato díxolle á lúa é a caixa dos tesouros da poesía de AntonioGarcía Teijeiro. Dentro dela gárdase a esencia dos seus versos, aapócema máxica coa que, en palabras de Fran Alonso, «a lúa imprimiuneles un sabor antigo, un sabor de berce, un sabor sincero que se nosmete dentro». García Teijeiro atesoura no seu haber 25 anos escribindo poesía infantil. Desde a publicación de Nenos (1988), os seus versosenredan nos beizos dos lectores e lectoras, «divertidos, lúdicos, pero tamén facéndonos sentir, e pensar, turrando de nós cos seus ventos de ideas e emocións brincadeiras». Un rato díxolle á lúa espreme,antologados por Fran Alonso, eses 25 anos de poesía infantil. «Simpáticos, fermosos, divertidos, sensibles, punzantes, libres,salgados, máxicos, outonizos, perennes», estes poemas transmitenemoción, beleza e solidariedade. Ilustrada por Xosé Cobas e musicadapor Paco Ibáñez (nun CD que se acompaña), a poesía de Antonio GarcíaTeijeiro agroma cunha enorme forza natural, chea de vida, de luz e demusicalidade.