¿Necesitas ayuda? Llámanos al 967 225 863
de BRONTË,EMILY
En stock (sólo online)
Pídelo antes de 3 hrs y 25 mins y recíbelo el 03/05/2024 eligiendo envío 24 horas
de BRONTË,EMILY
Emily Brontë naceu en Thornton, Yorkshire, en 1818. En 1820, a súa familia mudouse a Haworth onde o seu pai exerceu de párroco anglicano. En 1824, Emily e as súas irmás estiveron internas no colexio Clergy Daughters, en Lancashire, cuxas pésimas condicións serviron de inspiración a Charlotte para a súa novela Jane Eyre.
En 1838 traballou como institutriz en Halifax e logo estivo como alumna nun colexio de Bruxelas coa súa irmá Charlotte. No ano 1846 publicouse un tomo de poemas das tres irmás Brontë, malia o escaso éxito do libro, deciden publicar ao ano seguinte cadansúa novela, que hoxe forman parte sobranceira da literatura inglesa, cos mesmos pseudónimos masculinos que utilizaron na súa primeira obra: Wuthering Heights de Ellis Bell, Agnes Grey de Acton Bell e Jane Eyre de Currer Bell.
Trala morte do seu irmán Branwell en 1848, Emily morre tuberculosa poucos meses despois. A mesma doenza que levará ás súas irmás Anne, ao ano seguinte, e Charlotte, en 1855.
En stock (sólo online)
Pídelo antes de 3 hrs y 25 mins y recíbelo el 03/05/2024 eligiendo envío 24 horas