¿Necesitas ayuda? Llámanos al 967 225 863

MARUXA (Libro en papel)

-5%
14,90 €
14,16 €
IVA incluido
No disponible
Añadir a favoritos
Editorial:
OQO EDITORA
Año de edición:
Materia:
Álbumes ilustrados
ISBN:
978-84-9871-490-6
Páginas:
28
Encuadernación:
Cartoné
Idioma:
Gallego

MARUXA (Libro en papel)

Sinopsis

Maruxa e Pepiño vivían na aldea.Maruxa cosía, varría e labraba.Benito cantaba, folgaba e durmía.Mais un día...Maruxa decide dar unha lección ao seu marido. Astuta, e cunha granhabilidade no manexo da retranca, logrará que Pepiño tome conscienciade que o traballo da casa está mal repartido e consegue que cambie deactitude.Este álbum está baseado na canción popular polaca Maryna gotujpierogi, unha das máis coñecidas do repertorio folclórico do país.Fixéronse diversas versións, desde orquestras sinfónicas, a solistas,grupos de jazz, rock... Este texto, en versos de seis sílabas, buscamanter o ritmo da canción orixinal. Do mesmo modo que a cancióntradicional, a autora presenta a historia en forma de dialogo, xa queo relato se basea, principalmente, na rifa que inician Maruxa e o seuhome, Pepiño, cando este lle pide que faga o pan.Na versión tradicional, Benito reclama uns pierogi, un dos pratostípicos de Polonia (unha especie de raviolis recheos de carne,verduras...) e a súa muller négase repetidamente, argumentando que lle faltan, un por un, todos os ingredientes: fariña, auga, sal ecarne... Con todo, nesta versión optouse por cambiar os pierogi porpan, un alimento común a todas as culturas e que permite universalizar a historia.As diferenzas coa canción non só se limitan ao alimento principal,senón tamén ao final da historia. Así, a reacción violenta quemanifesta Pepiño nalgunha versión polaca cando a súa muller decide non prepararlle finalmente a comida é substituída no álbum por unhaactitude comprensiva e de empatía cara á muller, mantendo así o tonhumorístico que caracteriza todo o relato.Da versión inicial, a autora decidiu manter e realzar: a ideaorixinal, o sentido do humor e a estrutura acumulativa, versificada erimada, tan propia de contos e cantos da tradición oral. Este textopermite tamén ser cantado a ritmo de tres por catro mantendo a músicade orixe.De igual modo, o álbum ilustrado ofrece a mesma anécdota argumentalque a canción: a protagonista di que non poder facer o pan porque llefaltan todos os ingredientes (farina, auga, levadura e sal). Entón,decide pedirlle ao seu home que os vaia buscar, só que, a modo deescarmento aleccionador, vaillos pedindo un a un, co esforzo engadidoque isto lle supón a Pepiño.El vai facendo, un a un todos os recados cada vez máis desmesuradoscomo o de ir buscar sal ao mar, pero sempre se atopa con que volvefaltar algo e ten que emprender unha nova e esforzada aventura paraconseguilo.Cando por fin Maruxa ten todos os elementos, di, ironicamente, queestá moi cansa e será a el a quen lle toque, tamén, amasar o pan.Deste xeito, a través do enxeño e do sentido do humor, consegue quePepiño entenda, por experiencia propia, o inxusto da situación queviviran ata ese momento, e comprende que, tanto o traballo como olecer, deben ser cousa de dous. Este é o verdadeiro transfondo dahistoria: o cambio de actitude de Pepiño respecto de Maruxa, que seevidencia e reforza a través do traballo da ilustradora portuguesaMafalda Milhões.A artista portuguesa revela esta evolución do personaxe nas gardas,cuberta, portadiña e páxina de créditos. Nelas, o lector atopa unhacontextualización previa e posterior á acción do texto, que realmentese produce nun só día, tal e como indican as comidas (almorzo, xantar, merenda e cea) e a luz das imaxes (que van desde a claridade propiado amencer, ata o azul escuro case negro do ceo cara o fin do día).Deste xeito, nas gardas do inicio do álbum, pódese ver a unha Maruxatotalmente entregada ás tarefas do fogar, mentres que Pepiño, ocioso,non colabora en absoluto. Un comportamento que se transformaradicalmente nas gardas do final onde participa nos labores de casa eaxuda a súa muller. Na contracuberta, os dous comen felizmente o pan,que aparece por primeira vez xa cociñado.As ilustracións de Mafalda Milhões tamén aportan información crave dos protagonistas. Ao caracterizalos con trazos hiperbólicos, descubrimos con claridade cando están anoxados, tristes, tramando... De igualmodo, non faltan nas páxinas deste álbum os detalles, tancaracterísticos na artista lusa, que transportan o lector ao universoda cociña e a tamén a Polonia (muíños, paisaxes e barrios típicos dopaís polaco). Así como a presenza constante do canciño que os acompaña todo o conto e que acaba sendo, dalgún modo, cómplice dasituación.Ademais, a ilustradora, buscando a complicidade do lector, decidexogar coa descontextualización, tanto nos moitos obxectos eelectrodomésticos que podemos descubrir na casa do matrimonio(reconstrución dun fogar tradicional, pero no que hai lavadora,ordenador...) como na propia protagonista. Así, Maruxa, aínda quecociña e limpa, non deixa de ser unha muller actual e moderna, que usa as novas tecnoloxías e loita polo recoñecemento dos seus dereitos.En todo momento, tanto o texto como am

-5%
14,90 €
14,16 €
IVA incluido
No disponible
Añadir a favoritos

Otros clientes también compraron

Otros libros del autor

Opiniones de los clientes

VALORACIÓN MEDIA

0,0

0 valoraciones

  • 5 estrellas
    0%
  • 4 estrellas
    0%
  • 3 estrellas
    0%
  • 2 estrellas
    0%
  • 1 estrellas
    0%

TU VALORACIÓN

Tratamiento de datos
Responsable: POPULAR LIBROS S.L. (CIF: B02280535)
Finalidad: Gestión de las opiniones de productos.
Base jurídica: Consentimiento.
Destinatarios: No hay cesión de datos a terceros.
Derechos: Acceso, rectificación o supresión, oposición, limitación al tratamiento, portabilidad de datos, así como a retirar el consentimiento en cualquier momento.
Procedencia: No se obtienen datos de terceros.
Ver información completa sobre el Uso de datos
Acepto el tratamiento de mis datos para el uso que se indica en este formulario. Política de privacidad
Mostrar email (opcional)