¿Necesitas ayuda? Llámanos al 967 225 863
de BLANCO, ALBERTE
de BLANCO, ALBERTE
O achado dun antigo manuscrito familiar embarca a Xacobe nunhainvestigación que o retrotrae aos tempos da batalla de Rande. XanBieito, un antepasado seu, fora grumete na frota de Nova España erelatara as peripecias da longa viaxe, ademais da histórica batallanaval de 1702 na Ría de Vigo. O manuscrito deixaba entrever aexistencia dun tesouro oculto, protexido por un estraño enigma quedeberían resolver os seus sucesores. A busca das claves paraesclarecer o misterioso segredo mergulla a Xacobe nunha aventurasorprendente na que vai descubrindo a recóndita personalidade do seudevanceiro, envolta en novos enigmas. Mais ao protagonista asáltano uns estraños soños simbólicos que seentrelazan coa realidade e cun mundo que descoñece, creándolle unhaenorme confusión que o impulsa a afondar máis na investigación.Emporiso, o que busca Xacobe, axudado polo seu amigo Elphi, é enrealidade un antigo códice maia, gardián dun arcano marabilloso, queos levará a desprazarse por toda a Ría de Vigo percorrendo un camiñoiniciático no que irá sacando as capas de cebola que ocultan arealidade.Trepidante novela de intriga, O Códice esmeralda supón un engaiolanteachegamento á historia da batalle de Rande, un dos episodios galegosnos que cómpre afondar.